Homenaxe do BNG este xoves en memoria das mulleres da época do alcalde Ánxel Casal fusilado polo franquismo

O acto quere render memoria a mulleres como María Miramontes ou Elvira Bao.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

O BNG celebra este xoves, 20 de agosto, en Santiago de Compostela un acto en memoria das mulleres na época do exalcalde asasinado o golpe do franquismo, Ánxel Casal.

Así, centrarase na difusión de figuras como María Miramontes e Elvira Bao, no marco dunha semana de reflexión sobre memoria histórica.

Este acto, que lembra o asasinato en 1936 de Casal polos sublevados franquistas, contará coas intervencións das concelleiras nacionalistas Goretti Sanmartín e Navia Rivas; coa escritora Montse Fajardo e a actriz Tero Rodríguez, que interpretará a María Miramontes.

María Miramontes foi compañeira de vida de Ánxel Casal e dos seus ideais galeguistas. "Se María Miramontes sufriu o exilio exterior, Elvira Bao tivo que padecelo en Galicia", sinala Goretti Sanmartín. "Apartada do ensino, onde representa o modelo de mestra innovadora que participou no deseño das Escolas do Ensino Galego, sufriu cárcere e habitou con medo no interior dunha casa da que non podía saír", explica.

Ánxel Casal, alcalde de Compostela asasinado polos fascistas en 1936
Ánxel Casal, alcalde de Compostela asasinado polos fascistas en 1936

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta