Unha serie de accidentes de tráfico en diferentes puntos de Galicia deixan varios feridos nesta tarde de luns

En tres dos sinistros foi necesario o uso de material de excarceración para liberar aos ocupantes atrapados no interior dos vehículos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2020 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

As estradas galegas rexistraron diferentes accidentes de tráfico nesta tarde de luns nos municipios de Vilalba, San Cibrao das Viñas, Vilaboa e Mos, que deixaron a varias persoas feridas.

Ata en tres dos sinistros --en Mos, Vilalba e San Cibrao das Viñas-- foi necesario o uso de material de excarceración para liberar aos ocupantes atrapados no interior dos vehículos.

No caso de Vilalba, na A-8 en sentido Asturias (punto quilométrico 583) un turismo saíuse da vía sobre as 13,00 horas e envorcou quedando co catro rodas para arriba. Unha muller foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia despois de ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba.

En San Cibrao das Viñas, ás 15:30 horas dúas persoas foron atendidas ao resultar feridas nun choque entre dous vehículos ocorrido na estrada que une este municipio con Ourense, no Alto do Cumial. Unha das persoas foi liberada polos bombeiros.

Pola súa banda, en Mos, unha muller resultou ferida ao envorcar o vehículo que conducía despois de saírse da vía, cando circulaba pola A-55 en dirección Vigo.

Segundo as chamadas de alerta de varias persoas particulares ao 112 Galicia, o vehículo, ao saírse da vía en Mos chocou contra a mediana da autoestrada e finalizou envorcado no carril contrario. Foi necesario usar material de excarceración para liberar á muller ferida neste accidente.

Finalmente, o cuarto dos sinistros, produciuse polo envorco dun coche na N-554 ao seu paso por Vilaboa, tivo lugar sobre as 15,45 horas. Aquí, unha muller resultou ferida.

Control de Tráfico. GARDA CIVIL
Control de Tráfico. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta