Verín conciencia sobre reciclaxe

O concello colabora nun programa de "Voluntariado Ambiental" que desenvolve o 'Centro de desenvolvemento Rural Portas Abertas' para concienciar e formar sobre a reciclaxe.

Por X.M. Fernández | Verín | 19/08/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Esta actividade consta duns paneis informativos que se distribuirán polos puntos de recollida de lixo e que tamén se difundirán polas redes sociais. Neles informarase aos cidadáns sobre que elementos se poden reciclar, e que colector lles corresponde.

Punto Limpo. Foto: Prensa Concello de Verín.
Punto Limpo. Foto: Prensa Concello de Verín.

Desde o CDR -Centro de Desenvolvemento Rural- Portas Abertas quixeron destacar que esta iniciativa busca conseguir que Verín sexa, coa colaboración de todos os cidadáns, un referente na xestión de residuos, contribuindo así o coidado e preservación do medio ambiente.

"O importante é que a xente se involucre no coidado do medio ambiente cun simple pero fundamental acto de separación de residuos. Os 16 puntos limpos implementados ata hoxe polo grupo de goberno cambiaron radicalmente a imaxe de Verín. Aínda así é preciso que a cidadanía se conciencie e separe como é debido o lixo para conseguir reducir o máximo posible o impacto ecolóxico derivado da propia xeración de residuos urbana", explicou a concelleira de Desenvolvemmento Rural e Medio Ambiente, Purificación Caldelas.

Os paneis indicarán os residuos que se poden deixar en cada colector (verde, azul e amarelo) e cales non.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta