Coa vara que ti mediches

Ben sei que a denuncia que fixo un avogado contra o grupo de Podemos e que tantos titulares de prensa dá semella ser unha vendeta que ten por causa un resentimento por cuestións laborais. Pois, denunciar asuntos dos que non hai probas contundentes e guiarse polo que din ou un escoita, parece algo moi chungo. Polo que, o denunciante seica fai isto, pra que o xulgado investigue. O cual indica que todo parece unha conxura pero moi debilucha.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 20/08/2020

Comparte esta noticia
Mais iste tipo de denuncias lémbranme ás que facía quen hoxe é alcalde da cidade Ourense. Ou sexa,  denuncias sen probas que rematan sendo arquivadas pero que fan moito dano, pois son fonte de especulacións  que remoen en moitas conciencias da cidadanía  e dan pé a outro dito: algo haberá ou; cando o río sona e que auga leva etc. Denucia que algo queda parece ser o obxectivo. E todo,  con tal de esnaquizar ó adversario político.
 
Mais, no caso de Podemos, grupo que naceu ó calor das protestas  do 15M, e que , segundo dixeron viñeron pra acadar o ceo,  e  salvar ós primidos e aproveitando  a coxuntura dos recortes  e da corrupción que xiraba arredor deles, marcaron unhas  reglas de ética na política e uns  límites  e esixencias moi altos. Pois eles foron os que berraban que os electos non os representaban e esixian limpeza e demisións a todo deus, aínda que soamente estivera imputado ou investigado.
 
Mais a vida política dá moitas voltas. E, o que nalgún momento dixeches,  logo se volve contra ti. Pois o que denuncias e esixes para os outros, cando o tes na túa casa deberás aplicalo tamén. E iso manca moito e axuda a  que  afloren as contradicións internas e merme a credibilidade do grupo  cara ós cidadáns.
 
A arrogancia na política é moi mala compañeira. Jácome é os seus muchachos, guiados polo letrado, non reparaban en ir o xulgado sen probas, e pra colmo na casa da xustiza admitían todo a trámite. E así viñan os  titulares nunha prensa que precisa moitas veces de chamativos letreiros. Podemos, durante moito tempo, cecais por inexperiencia,  fixo algo semellante, pois quixo convertirse en guia ética e en salvador das moitas inxustizas sociais que hai.  E agora emerxen as incoherencias e o ter fíar moi fino pra non sofrir o calvario das denuncias  que te marcan por mor de ser moi populista e por non saber desmarcarse  de certos individuos que pululan e mal gobernan paises que pouquiño pintan no mundo. E estou pensando nos do Caribe e outros semellantes.
 
En fin, o refrán di moi clariño: Coa mesma vara que tu mediches, con ela serás medido. E agora toca aclarar cousas e sofrir os desgastes de ser, moitas veces, uns deslinguados prometendo o ceo e a gloria.
 

Pablo Iglesias
Pablo Iglesias | Fonte: @ Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com