A Seguridade Social gaña 1.835 afiliados estranxeiros en xullo en Galicia tras os meses duros da pandemia

Son un total de 40.184 persoas dadas de alta no sistema, 15.255 procedentes da UE e 24.929 extracomunitarias

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/08/2020 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

A Seguridade Social gañou unha media de 1.835 afiliados estranxeiros no mes de xullo, o que supón un 4,79% máis que no mes anterior, por encima do incremento rexistrado pola media (+0,9%), segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

En total, son 40.184 estranxeiros cotizantes (15.255 procedentes da Unión Europea e 24.929 de países extracomunitarios), repartidos entre os 14.819 da Coruña, 13.991 de Pontevedra, 6.190 en Lugo e 5.185 en Ourense.

En relación co mimo mes de 2019, os estranxeiros dados de alta no sistema na comunidade galega son un 1,07% máis, tras anotarse unha media de 425 persoas máis.

Mentres, por réximes, os 40.184 afiliados de nacionalidade estranxeira na comunidade distribúense entre os 31.646 do réxime xeral, 26.757 do subtipo xeral, 1.657 do sector agrario, 3.232 do fogar, 7.159 autónomos e 1.379 do mar.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, a Seguridade Social gañou unha media de 18.783 afiliados estranxeiros no mes de xullo, o que supón un 0,9% máis que no mes anterior, ata situarse o total de inmigrantes en alta en 2.049.260 cotizantes.

Se se atende aos datos de último día de mes e non á media, o total de afiliados estranxeiros a peche de xullo situouse en 2.030.206 cotizantes. Con esta cifra na man, desde o último día de marzo, mes no que comezou a impactar a pandemia, ata o mes de xullo recuperáronse 63.814 afiliados estranxeiros.

Un traballador estranxeiro. MINISTERIO DE TRABALLO -  ARQUIVO
Un traballador estranxeiro. MINISTERIO DE TRABALLO - ARQUIVO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta