Detectado un novo brote en Vilamarín con seis positivos nunha familia tras un caso importado

A Xunta ordenou a restrición total nas visitas e nas entradas e saídas da Residencia sociosanitaria Santiago Apóstolo deste concello.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/08/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A área Sanitaria de Ourense detectou un novo brote con seis positivos por COVID-19 nunha unidade familiar no municipio ourensán de Vilamarín tras o caso importado dun home de 45 anos.

Segundo informou a área sanitaria, o mércores 19 de agosto detectouse un caso positivo importado de COVID-19 nun home de 45 anos de idade que, tras referir "leves síntomas da enfermidade", foi sometido a unha PCR. Desde ese momento atópase en situación de illamento e comezou o estudo a todos os seus contactos máis estreitos.

Froito deste estudo e identificación dos seus contactos realizáronse probas PCR das que se obtiveron outro seis novos casos positivos na súa unidade familiar en dous homes de 48 e 36 anos, dúas mulleres de 44 e 31 anos e dous nenos.

Os sete pacientes, indicaron as mesmas fontes, deste brote familiar atópanse en situación de illamento domiciliario controlados e monitorados pola plataforma Telea e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde.

A aparición deste brote levou á Consellería de Sanidade, como medida preventiva, explicaron as mesmas fontes sanitarias, a ordenar desde este xoves a restrición total nas visitas e nas entradas e saídas da Residencia sociosanitaria Santiago Apóstolo de Vilamarín co fin de "preservar a saúde e seguridade dos residentes e traballadores do centro".

Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta