Temas: SERGAS MELIDE

O foco de Melide mantense con 17 positivos tras realizarse 478 probas o mércores

Máis de 200 mozos están citados este xoves ás probas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O foco detectado en Melide relacionado cun grupo de mozos mantense "estable" con 17 positivos mentres proseguen as probas a case un milleiro de persoas de entre 18 e 30 anos, máis de 200 citados este xoves pola tarde.

Así o informou a área Sanitaria de Santiago e Barbanza, que explicou que este mércores pasado acudiron ao cribado realizado 478 mozos de entre 18 e 30 anos con médico asignado no Centro de Saúde de Melide.

As mesmas fontes puntualizaron que aínda non terminou a análise de todas as mostras, pero entre as analizadas ata o momento "non hai positivos".

Na tarde deste xoves están citados máis de 200 mozos para continuar co estudo masivo. Por parte da área sanitaria indican que os mozos de entre 18 e 30 anos con médico asignado en Melide que non recibisen cita do Sergas poderán achegarse ao centro de saúde entre as 16,00 e as 20,00 horas co cartón sanitario e DNI e realizaráselle a toma de mostras.

Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press

Temas: SERGAS MELIDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta