Pediatras piden distanciamento e reforzar centros de saúde para a volta ao colexio

Tamén instan a adoptar grupos máis reducidos e, en nenos pequenos, "'grupos burbulla', que terían que manterse en clase durante o recreto.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/08/2020 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

A Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap) elaborou unha proposta con recomendacións para o regreso á escola presencial e para a coordinación entre os colexios e os centros de saúde. As medidas de hixiene, distanciamento e illamento, xunto co reforzo en Atención Primaria e dos servizos de rastrexo prometido polos Departamentos de Saúde son algunhas das súas medidas.

A pesar de que recoñecen que existen "riscos", AEPap considera importante a volta ás aulas presencial, para favorecer a aprendizaxe, o desenvolvemento emocional e as relacións sociais dos nenos cos seus iguais. Os pediatras animan, en primeiro lugar, a realizar traxectos separados para que os nenos non se crucen nos corredores. O profesorado debería utilizar sempre máscara e, o alumnado, se non se pode manter a distancia de seguridade.

Tamén instan a adoptar grupos máis reducidos e, en nenos pequenos, "'grupos burbulla', que terían que manterse en clase, durante o recreo e no acceso e saída do colexio. Como medidas de hixiene, exponse ventilar as aulas entre clase e clase, hixiene de mans entre clases e ao volver do recreo, dispoñibilidade de hidrogel e máscaras e desinfección de aulas ao finalizar a xornada.

Ademais, se é posible, consideran que debería ser sempre a mesma persoa a que acompañe ao neno na entrada e saída do colexio. Xunto con manter as medidas de distanciamento e o lavado de mans á entrada e a saída, AEPap recomenda manter grupos fixos en cada mesa de comedor e extremar a vixilancia para evitar que se compartan alimentos e utensilios.

Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo
Un neno xoga nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta