O festival Vilablues comeza este venres en Noia con concertos de Dixie Town e Koko Jean & The Tonics

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2020 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O festival Vilablues comeza este venres, 21 de agosto, en Noia (A Coruña) cunha xornada gratuíta que acollerá os concertos de Koko Jean & The Tonics e os vigueses Dixie Town

A banda de soul, funk e R&B Koko-Jean & The Tonics está formada por tres dos músicos máis experimentados e aclamados da escena soul barcelonesa: Anton Jarl (O Mambo Jambo), Víctor Puertas e Dani Baraldés (guitarrista que acompañou a Jarabe de Palo, Macaco el Rulo e La Contrabanda). Xunto a eles está Koko-Jean Davis (excantante de The Excitements). O seu primeiro EP foi publicado o pasado mes de febreiro, 'Hair Whip'.

Pola súa banda, Dixie Town é unha banda creada en Vigo en 2007. Está formada por Óscar Fontan, Lucas Ferrández, Pepe Ferrández e Isaac Campos. Grupo de sonoridades setenteiras que fai hardblues e rock psicodélico, presentará o seu último disco, 'Same Old Story'.

O sábado, será a quenda no Vilablues de Sés e Gisele Jackson & The Shus Shus, mentres que o domingo haberá concertos de Raimundo Amador e Adrián Costa.

O recinto do festival será o patio do instituto San Alberto, acondicionado con aforamento reducido e con todas as medidas sanitarias, de control e de seguridade que esixe a normativa vixente, segundo explica a organización.

Todos os asistentes estarán sentados e disporán dunha mesa con servizo de camareiro personalizado e pago a diario 'contactless'.

Grupo vigués Dixie Town. FESTIVAL VILABLUES
Grupo vigués Dixie Town. FESTIVAL VILABLUES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta