O Seprona detivo ou investigou a case cen persoas na provincia de Pontevedra durante 2019

Este servizo investigou tamén delitos como a defraudación do fluído eléctico, delitos contra o patrimonio histórico, delitos relacionados coa pesca e a caza, o marisqueo ilegal, o depósito ou vertedura de residuos ou delitos contra a saúde pública con produtos alimenticios.

Por E.P. | VIGO | 20/08/2020 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Pontevedra detivo ou investigou, ao longo de 2019, a 96 persoas por delitos relativos á protección da flora e a fauna, e delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente.

Así se reflicte no balance feito público este xoves polo Instituto Armado, no que se sinala que, o ano pasado, detectáronse 81 delitos desta índole grazas ás pescudas da Garda Civil e á colaboración cidadá. Deses delitos, houbo 18 relacionados coa propiedade industrial, con 19 investigados; 12 de incendios forestais, cunha persoa detida e 8 investigados; e 15 delitos de malos tratos ou abandono animal, con 3 persoas implicadas.

Así mesmo, este servizo investigou tamén delitos como a defraudación do fluído eléctico, delitos contra o patrimonio histórico, delitos relacionados coa pesca e a caza, o marisqueo ilegal, o depósito ou vertedura de residuos ou delitos contra a saúde pública con produtos alimenticios.

Durante o 2019 foron tramitadas tamén 1.788 infraccións administrativas relacionas co medioambiente, entre as que destacaron as relacionadas cos malos tratos ou abandono de animais domésticos (351), coa lexislación sobre montes (221), sanidade animal e epizootias (151), pesca (118), animais perigosos (98) e relacionadas co urbanismo e a ordenación do territorio (63).

OPERACIÓNS MÁIS RELEVANTES

Entre as operacións máis relevantes levadas a cabo pola Garda Civil, destaca a desarticulación, en xaneiro, dunha trama organizada que cometía presuntas ilegalidades no control do marisqueo. Nese caso investigouse penalmente a 20 persoas pertencentes a varias agrupacións de mariscadores, pola súa suposta vinculación coa venda de máis de 130 toneladas de bivalvos sen ser rexistradas nos puntos de control.

En agosto do ano pasado, a Benemérita desarticulou unha organización liderada por un empresario almacenista de madeira que comercializaba ilegalmente madeira de piñeiro, adquirida en zonas infectadas por nematodo no sur da provincia de Pontevedra. Esta operación concluíu coa detención do responsable da organización e a investigación doutras 14 persoas.

Así mesmo, en outubro, investigouse penalmente a un veciño de Cerdedo-Cotobode como presunto autor de catro delitos de incendio forestal, nos que se utilizaron varios artefactos incendiarios.

Finalmente, o Instituto Armado destacou a incautación unha importante cantidade de corais nun comercio de Vigo, pertencentes a especies que se atopan amparadas polo Convenio sobre o Comercio Internacoinal de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES). En total, localizáronse 1.300 especies, que carecían de documentación acreditativa da súa importación legal.

Un axente do Seprona da Garda Civil observa os restos dun incendio forestal en Viascón,  en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Un axente do Seprona da Garda Civil observa os restos dun incendio forestal en Viascón, en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta