Un brote por COVID dá catro positivos nunha familia do Barco, dous dos afectados son nenos

Desde ese momento están en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/08/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O Concello do Barco de Valdeorras rexistra un brote de coronavirus con catro positivos dunha mesma familia, dúas deles nenos.

Segundo informa a área sanitaria de Ourense, o pasado martes, 18 de agosto, detectáronse dous positivos dunha mesma familia dun home de 45 anos e unha muller de 40 anos. Ambos presentaban unha sintomatoloxía leve.

Desde ese momento está en situación de illamento no seu domicilio e con seguimento de profesionais sanitarios do seu centro de saúde.

O seguimento dos seus contactos arroxou este xoves dous novos casos positivos na súa familia tras realizarlles probas PCR. Son dous nenos que actualmente non teñen síntomas e tamén están en illamento domiciliario.

Mostras - Europa Press - Arquivo
Mostras - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta