Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 15:05
As casas niño galegas deberán evitar as actividades grupales e as traballadoras que as atenden deberán ir con máscara e utilizar unha roupa exclusiva para estar no centro, de acordo coas normas para a reapertura en setembro.
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, reuniuse este venres coas responsables de casas niño de toda Galicia para explicar o protocolo a seguir. Galicia dispón desde xullo dun plan de reactivación con medidas específicas para centros educativos de cero a tres anos, nos que se inclúen estes centros situados en concellos de menos de 5.000 habitantes.
Os profesionais que traballan nestes centros non acudirán se presentan algún síntoma compatible con COVID-19, manterase a distancia de seguridade entre profesionais e persoas alleas ao centro e reforzarase o control de acceso ao mesmo. Tamén deberán intensificarse as medidas de hixiene e limpeza e as nenas e nenos, se non poden ir descalzos, deberán usar un calzado específico para o centro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.