Piden que non se consideren espazos de lecer nocturno as salas de concertos e cafés espectáculo

A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo de Galicia demanda "que se permita expresamente ás salas de concertos e cafés concertos" o mantemento da súa programación cultural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo de Galicia (Clubtura) reclama que as salas de concerto e os cafés espectáculo non sexan considerados espazos de lecer nocturno.

Así o remarca o seu presidente, Alberto Grandío, quen se refire ao novo peche do lecer nocturno e á nova lei de espectáculos, da que extrae que "nin as salas nin os cafés espectáculo poden ser considerados establecementos de lecer nocturno, dado que se enmarcan dentro do epígrafe de establecementos culturais".

Por iso, demanda "que se permita expresamente ás salas de concertos e cafés concertos representados por Clubcultura o mantemento da súa programación cultural, observando todas as medidas impostas ao resto de espazos culturais, como teatros ou auditorios, aos que si se lles permite manter esta actividade".

Concerto Projecto Miño no Círculo das Artes | Festival de Jazz de Lugo
Concerto Projecto Miño no Círculo das Artes | Festival de Jazz de Lugo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xivi

Si, e tamén piden eso os dos puticlubs. Selección natural