Un brote no concello de Barbadás afecta a catro membros dunha mesma familia

O centro de detección de contactos activou o protocolo pertinente de seguimento e estudo dos contactos máis estreitos para a realización de probas diagnósticas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/08/2020 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Un novo brote rexistrado na provincia de Ourense afecta a catro membros dunha mesma familia residentes no Concello de Barbadás, informaron este venres fontes da área sanitaria.

O brote, que se considera importado, afecta a dúas mulleres, de 90 e 65 anos, e a dous homes, de 74 e 59 anos. Todos eles atópanse illados no seu domicilio e os profesionais sanitarios do seu centro de saúde fan un seguimento telemático do seu estado.

O centro de detección de contactos activou o protocolo pertinente de seguimento e estudo dos contactos máis estreitos para a realización de probas diagnósticas.

Casa do Concello de Barbadás
Casa do Concello de Barbadás | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta