As titulacións universitarias con prazas pechadas superan as cen

O terceiro prazo de matrícula estará aberto desde este sábado 22 de agosto ata as 23,59 horas do martes 25 de agosto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

As titulacións universitarias en Galicia que pecharon as súas portas xa superan o centenar --103--. En total, segundo os datos da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), esgotaron as súas prazas tras o segundo prazo de matrícula outras 31 carreiras. No primeiro prazo pecharan un total de 72.

O peche do segundo prazo de matrícula evidencia o interese que suscitan os graos ligados coa saúde, como é o caso de Enfermaría, que esgota as prazas nos centros dos campus de Ferrol, Santiago e A Coruña --no tres casos cunha nota por encima do 10; nos casos de Compostela e A Coruña, o último alumno entrou con máis dun 11--.

Tamén pecha Odontoloxía na USC, cunha nota de corte por encima do 12; así como Fisioterapia no campus de Pontevedra (Universidade de Vigo). Con máis dun 11 como nota de corte esgotou as súas prazas Veterinaria no campus de Lugo da USC.

Entre outros graos que pecharon cunha nota de corte por encima do 10 está o de Biotecnoloxía da USC --o último alumno que entrou situouse nun 12,660--. E bloquearon tamén o acceso a maior parte de titulacións que permiten cursar graos en Educación Infantil.

No que respecta aos dobres graos, quedan pechados o de Enxeñaría Biomédica e Biomecánica en Vigo, e o de Administración de Empresas e Dereito en Ourense.

O terceiro prazo de matrícula estará aberto desde este sábado 22 de agosto ata as 23,59 horas do martes 25 de agosto.

Campus universitario de Vigo. UNIVERSIDADE DE VIGO
Campus universitario de Vigo. UNIVERSIDADE DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta