Comeza a vendima en Valdeorras

Os traballos de recollida da uva iniciaranse o vindeiro luns, 24 de agosto, e as primeiras adegas en vendimar serán Godeval e Valdesil.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 22/08/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

O Pleno do Consello Regulador acordou, coma en anos anteriores, a contratación de vedores -inspectores- para a vendima deste ano a través dunha empresa de traballo temporal e aprobou as normas para estes e tamén para as adegas e explotadores.

Reunión do Pleno na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO V.
Reunión do Pleno na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras. Foto: Prensa CRDO V.

O presidente do organismo, José Luis García Pando, agarda que “a colleita sexa, un ano máis, óptima tanto en cantidade coma en calidade da uva, porque o estado fitosanitario das vides é moi bo”. Neste sentido, a previsión é que se poidan superar “os seis millóns de quilos de uva recollidos” nunha campaña que "durará entre seis e oito semanas”.

Dende o C.R.D.O. Valdeorras instanse a adegueiros e viticultores a estar vixiantes e a cumprir os diferentes protocolos que as autoridades sanitarias dictaminen en relación á realización de traballos agrarios para “garantir a seguridade e saúde de todos as persoas que realicen tarefas de recollida e procesado da uva".

García Pando insta aos membros do sector vitivinícola valdeorrés a obter información a través do Consello Regulador para aclarar calquera dúbida que se lles poida presentar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta