Cultura apoia con 200.000 euros a oito editoriais para a publicación en galego de recursos didácticos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2020 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura apoia con 200.000 euros a oito editoriais para a publicación en lingua galega de recursos didácticos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución de axudas para esta edición en galego de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

As editoriais beneficiarias son: Xerme Edicións, Edicións Obradoiro, Edicións Don Bosco-Editorial Rodeira (Edebé), Edicións Xerais de Galicia, Editorial Luís Vives, Editorial Vicens Vives, Happy Family e Instituto para o Desenvolvemento Creativo e Cultural.

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, esta orde de subvencións incrementa o seu orzamento nun 18% en comparación con anos anteriores. A convocatoria prioriza os materiais curriculares e complementarios de alumnos con necesidades específicas, así como os dirixidos á formación profesional específica.

Libros de Xerais
Libros de Xerais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta