Rescatados dous sendeiristas perdidos en Esgos ao enviar a súa localización por Whatsapp

Perderon o camiño que facían en San Pedro de Rocas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 23/08/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Dous senderistas que se perderon cando facían unha ruta en Esgos puideron ser localizados tras enviar as súas coordenadas a través da aplicación Whatsapp, informou o 112.

Os feitos producíronse este sábado, cando os dous senderistas saíron a facer unha ruta preto do Mosteiro de San Pedro de Rocas, na parroquia de Rocas. Saíron do carreiro e logo non foron quen de voltar ao mesmo, polo que se puxeron en contacto cos servizos de emerxencias ao redor das 20,45 horas.

A parella enviou as súas coordenadas ao 112, que pediu a intervención da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Esgos. Poucos minutos despois das 22,00 horas, o equipo de voluntarios chegou ao lugar no que se atopaban os senderistas e confirmou que ambos se atopaban ben.

Teléfono móbil coa aplicación whatsapp
Teléfono móbil coa aplicación whatsapp

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta