Os casos de Melide soben a 42 e o brote de Santa Comba elévase a 15 positivos

En Melide hai dous focos e en Santa Comba un gran brote familiar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2020 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O municipio coruñés de Melide sumou dous novos positivos por COVID-19 entre os contactos das 16 persoas infectadas detectadas mediante un cribado poboacional, de modo que o total de casos sitúase na localidade en 42 este domingo.

En Melide hai activo un brote relacionado cun grupo de amigos, que afecta a 21 persoas segundo a última actualización, e outro con tres contaxiados dunha mesma familia, de acordo con fontes da área sanitaria.

As autoridades sanitarias detectaran outros 16 casos cun cribado realizado entre a poboación de 18 a 30 anos e este domingo súmanse os positivos de dúas persoas que forman parte dos seus contactos.

Por outra banda, o brote de Santa Comba creceu ata os 15 positivos, tras detectarse este domingo oito novos casos, que se suman ao sete que xa estaban confirmados en membros dunha mesma familia, indicaron as mesmas fontes.

Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago
Posto de autocovid no Gil Casares, en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fidel

Abrocho, gromo, surto...

1 IPG

Datos por concellos XA, como se fai en media España!