Alerta na residencia de Lalín tras confirmarse o primeiro positivo entre residentes

Ata agora había dous traballadores contaxiados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2020 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

Un usuario da residencia DomusVi de Lalín deu positivo por COVID-19, informaron fontes da área sanitaria de Santiago, que confirmaron que dous dos traballadores deste centro están contaxiados. Deste xeito, son 67 os usuarios contaxiados en residencias galegas.

Tras coñecerse este sábado o positivo dunha das empregadas da residencia, un equipo de cinco profesionais de enfermaría da área sanitaria desprazouse o sábado ao centro para facer PCR a todos os traballadores e residentes.

En total, tomaron 216 mostras e detectaron, polo momento, dous positivos, o do usuario e o doutro traballador, que constaba xa no parte sobre residencias enviado polas consellerías de Sanidade e Política Social.

Deste xeito, son tres as residencias galegas nas que se detectaron contaxios entre os maiores. Na da Fundación San Rosendo no Incio (Lugo), son 56 os usuarios contaxiados, mentres que na Orpea de Culleredo (A Coruña), son 10. Deste xeito, o total de usuarios con COVID-19 sitúase en 67 en Galicia.

Dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns do Incio
Dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns do Incio | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta