Oito mortos pola Covid en catro días tras a o falecemento dun home de 66 anos na Coruña

O número de falecidos elévase a 633 en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Un home de 66 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) faleceu este domingo con COVID-19, polo que a cifra total de mortes sitúase en 633 na comunidade. Fontes da Consellería de Sanidade indicaron que esta persoa, que presentaba patoloxías previas, dera positivo por coronavirus.

Deste xeito, en catro días son xa oito os falecidos. Este fin de semana coñecéronse en Galicia cinco falecementos, catro deles comunicados este sábado. Trátase dos casos de dúas mulleres, de 91 e 89 anos, ingresadas tamén no CHUAC; o dun home de 92 anos na residencia Orpea de Culleredo (A Coruña); e o doutro home de 68 anos que era usuario da residencia do Incio (Lugo), pero estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti.

Con estas, son 14 as mortes rexistradas en Galicia nos últimos 17 días. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro falecemento en Galicia desde o inicio da 'nova normalidade'. A comunidade encadeara ata ese momento case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa COVID-19.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta