O 061 atendeu a 58 persoas en 42 accidentes en Galicia durante o fin de semana

O día con máis sinistros foi o sábado, cun total de 20.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O 061 atendeu a 58 persoas en 42 accidentes de circulación en Galicia rexistrados durante o pasado fin de semana --desde as 15,00 do venres ás 23,59 horas do domingo--.

En concreto, recibiu 52 chamadas por estes accidentes. O día con máis sinistros foi o sábado, cun total de 20. O 62% dos atendidos foron homes e as 38% mulleres.

Do total de 42 accidentes, 23 tiveron lugar en Pontevedra. Séguelle A Coruña (15), Lugo (3) e Ourense (1). O 43% dos atendidos tiña entre os 20 e 34 anos.

En 54 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e catro foron atendidos no propio lugar, segundo informa a Xunta este luns nun comunicado.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta