Ferido un home tras quedar atrapado debaixo dun tractor en Dodro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Un home de 56 anos de idade resultou ferido nun accidente de tractor rexistrado na tarde deste pasado luns no termo municipal de Dodro (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o home resultou ferido ao quedar atrapado debaixo dun tractor no lugar da Devesa, sobre as 19,00 horas deste luns. Segundo se lles indicou ao servizo de emerxencias, o home accidentado foi liberado por uns veciños e, posteriormente, trasladado a un centro de saúde.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente e os xestores do CIAE pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón e á Garda Civil.

En concreto, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario da PAC de Padrón para atender ao home J.L.F., de 56 anos de idade, que foi levado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Un tractor madeireiro sen condutor choca contra unha casa en Maside (Ourense) por un fallo nos freos.. GARDA CIVIL
Un tractor madeireiro sen condutor choca contra unha casa en Maside (Ourense) por un fallo nos freos.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta