Denuncian "lentitude" dos servizos sociais da Coruña na resposta as familias vulnerables

O Grupo de Apoio Mutuo reclama "un protocolo claro no Sergas para que o persoal sanitario non teña dúbidas de como actuar

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/08/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O Grupo de Apoio Mutuo (GAM) da Coruña denunciou "a lentitude e ineficacia" dos servizos sociais municipais "no seu deber de dar resposta a familias vulnerables que, por falta de ingresos ou por dar positivo ao virus, están a ver empeorada a súa situación vital como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19".

"As actuacións municipais, lentas e burocratizadas, están a impedir solucionar dunha maneira idónea situacións de emerxencia graves, moitas delas de falta de alimentos para familias con nenos", engade.

En concreto, cita o exemplo dunha muller "contaxiada polo virus tivo que pospor unha cita hospitalaria por non poder deixar á súa filla menor a cargo de ninguén". "Despois de varias xestións desde os GAM, conseguiuse que o concello mandase unhas horas a unha persoa ao seu domicilio para quedar coa pequena, que agora convive coa nai enferma nunha situación de vulnerabilidade extrema" e atendida por esta rede comunitaria en canto aos alimentos.

Desde o GAM, reclaman "un protocolo claro no Sergas para que o persoal sanitario non teña dúbidas de como actuar no caso de que unha persoa con dependentes ao seu cargo teña que ser ingresada".

Tamén sinala que a semana pasada, desde este grupo de apoio "tívose que atender a unha familia de catro membros, dous deles menores, con tres positivos na familia e sen alimentos". "Como a súa traballadora social estaba de vacacións, non conseguían resposta da administración local para poder solucionar a súa situación", afirma.

Voluntarios traballan na sede do Banco de Alimentos de Vigo. FUNDACIÓN PROVINCIAL BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO
Voluntarios traballan na sede do Banco de Alimentos de Vigo. FUNDACIÓN PROVINCIAL BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta