Os casos Covid seguen disparados en Galicia con case 2.600 positivos

A área máis afectada agora é a de Santiago e Barbanza. O incremento diario segue por riba dos 128 casos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento este martes, con 128 máis, e sitúanse en 2.580. Esta xornada increméntanse os contaxios en todas as áreas, en especial na de Santiago e Barbanza, con 55 máis.

Así se desprende dos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 13 permanecen en UCI --igual que este luns--, 73 atópanse en unidades de hospitalización convencional --tres máis--, e 2.494 en seguimento domiciliario --124 máis respecto da xornada anterior--.

Dos 2.580 casos activos, 1.240 corresponden á área da Coruña e Cee --catro máis que este luns--; 352 á de Lugo --31 máis--; 329 á de Santiago --55 máis-- 170 á de Vigo --15 máis--, 147 á de Pontevedra e O Salnés --seis máis--; 224 á de Ourense --12 máis--; e 118 á de Ferrol --cinco máis--.

Así mesmo, Sanidade sinalou que, ata o momento, curáronse en Galicia 12.019 persoas, 63 máis que a xornada pasada. Desde o inicio da pandemia morreron con COVID-19 en Galicia 633 persoas, das que 278 eran usuarios de centros residenciais. Destes últimos, 134 afectados faleceron dentro de centros xeriátricos.

Do total de 2.580 casos activos na Comunidade galega, este martes 88 están vinculados a centros residenciais, en relación a 68 usuarios e 20 traballadores. O número de PCR realizadas ata a data ascende a 308.162 fronte ás 305.847 contabilizadas ata este luns, segundo os datos de Sanidade.

Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO
Proba de PCR a colectivos especialmente expostos. CONCELLO DE ABEGONDO | Fonte: Europa Press

HOSPITALIZACIÓNS

Segundo os datos proporcionados polas áreas sanitarias este martes, na da Coruña e Cee dos 1.240 casos activos, 56 permanecen ingresados, cinco en UCI e 48 en planta do Chuac; así como un en UCI no Quirón e outro en planta e outro en planta no Modelo. Ademais, rexistráronse outras 46 altas e realizado outras 947 PCR.

Na área de Vigo hai 170 pacientes con COVID-19, dos que catro se atopan ingresados --tres no Hospital Álvaro Cunqueiro e outro en Povisa--, mentres 166 permanecen en seguimento no seu domicilio. Ata a data curáronse 2.299 pacientes.

Polo seu lado, a área sanitaria de Ourense concentra 224 casos activos, sete deles pacientes ingresados en planta e tres en UCI, mentres 214 atópanse en seguimento a domicilio. Ata a data, esta área suma 2.286 casos, 1.928 pacientes curados e 134 falecementos. As PCRs ascenden a 40.892.

Mentres, na área de Santiago e Barbanza hai 329 casos activos, seis deles pacientes ingresados --cinco no Hospital Clínico e outro no HM Rosaleda-- e o resto en seguimento domiciliario. Ata o momento rexistráronse 1.871 curados e realizado 46.710 PCR.

Na área de Ferrol dos 118 casos activos que contabiliza, deles un hospitalizado e o resto en seguimento no seu domicilio. Ata a data rexistrou 595 casos non activos ou curados e 33 falecidos.

Na área de Pontevedra e O Salnés os casos activos sitúanse en 147, deles dous en UCI e un en planta, mentres que 144 evolucionan nos seus domicilios. Desde o inicio do plan de contigencia pola COVID-10 curáronse 959 pacientes --un máis que a xornada pasada-- e faleceron con este virus 17 pacientes.

En canto a realización de PCR nas últimas 24 horas realizáronse 144, que se engaden ás 25.629 efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

E na área de Lugo, A Mariña e Monforte os casos activos sitúanse en 352 --31 máis que este luns--, dos cales dous se atopan en UCI no HULA e seis noutras unidades de hospitalización do mesmo centro, mentres 344 permanecen en seguimento domiciliario. Ata a data na provincia luguesa rexistráronse 32 falecementos e 1.301 persoas de alta ou curadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta