Reaccións Educación: O BNG afea á Xunta un "absoluto abandono de funcións" e pide máis financiamento

G. Caballero esixe unha reunión entre grupos parlamentarios para trazar a folla de ruta do curso vindeiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O BNG advertiu á Xunta da "preocupación" e "abandono" que sente a comunidade escolar por un inicio do curso do que "non saben absolutamente nada" e esixiu ao Executivo galego que tome as rendas nun momento que esixe "a máxima responsabilidade": garantir o regreso "presencial e seguro" ás aulas, coas medidas e o financiamento necesario para levalas a cabo.

O portavoz de educación do Bloque na Cámara, Manuel Lourenzo, reuniuse con representantes das asociacións de pais, sindicatos de profesores e dos estudantes para abordar a situación na que se atopan os centros e as familias para esta 'volta ao cole' e ante a incerteza na que se atopan.

O BNG insistiu en que o "reto" a día de hoxe debe ser "unha volta presencial e segura" dos mozos, posto que é a única garantía para asegurar a "igualdade e a equidade" no trato. A pesar diso, atopáronse cun "absoluto abandono de funcións" da administración, que "descarga a responsabilidade" de afrontar a pandemia na comunidade educativa. "Exerzamos as nosas competencias", insistiu, para o que será necesario un financiamento adecuado que permita adoptar estas medidas.

Aulas
Aulas

CABALLERO PIDE REUNIÓN DE GRUPOS

Na mesma xornada o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou á Xunta a acordar coa comunidade educativa e cos grupos galegos "unha liña de acción" para o próximo inicio do curso escolar. Por iso, urxiu que os convoque a un encontro previo á reunión sectorial que o xoves manterá o Ministerio de Educación coas comunidades.

En rolda de prensa, Caballero instou á conselleira en funcións do ramo, Carmen Pomar, a que se reúna "hoxe mesmo" coa comunidade educativa e os grupos parlamentarios. "Que escoite as nosas propostas e consensúe unha liña de acción adecuada ás necesidades e ás posibilidades", pediu. Caballero considera preciso que a Xunta corrixa "a súa inacción, improvisación e desastres" en relación a este inicio de curso, ao que chega "sen ter os deberes feitos" e no medio dun significativo malestar por parte da comunidade educativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta