Temas: SUCESOS CAMBRE

A explosión dun alambique en Cambre provoca queimaduras a unha veciña do concello

Barállase a hipótese de que "a acumulación de gases procedentes da fermentación fixo estourar o aparello" no soto da vivenda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

A explosión dun alambique este martes provocou queimaduras a unha veciña do municipio coruñés de Cambre, que necesitou ser evacuada a un centro hospitalario.

Segundo informa o 112 Galicia, barállase a hipótese de que "a acumulación de gases procedentes da fermentación fixo estourar o aparello" no soto da vivenda.

O suceso tivo lugar sobre as 13,30 horas no lugar de Gamelas. Familiares da muller deron a alerta ao 112 ante as feridas sufridas pola muller.

A explosión non provocou danos na estrutura do inmoble. Foron avisados, entre outros, 061, Bombeiros de Arteixo, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Temas: SUCESOS CAMBRE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta