O BNG reclama incluír o idioma galego dentro da aplicación RadarCOVID

"O Goberno volve ignorar unha vez máis os dereitos lingüísticos dos galegos, que teñen dereito a recibir a atención e información sanitaria na súa propia lingua", censura Rego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha iniciativa parlamentaria para esixir que se actualice a aplicación RadarCOVID para que se incorpore de forma "inmediata" o idioma galego.

Lamenta que esta aplicación só está en español, inglés e recentemente tamén en catalán, pero non no resto de linguas oficiais do Estado.

"O Goberno volve ignorar unha vez máis os dereitos lingüísticos dos galegos, que teñen dereito a recibir a atención e información sanitaria na súa propia lingua", censura Rego.

Nesta liña, os nacionalistas advirten de que o Estado fai "caso omiso" ás obrigacións da Carta Europea das Linguas e ás reiterada recomendacións para garantir o uso de todos os idiomas oficiais.

O deputado do Bloque avisa de que a loita contra o coronavirus non pode servir de escusa para non respectar os dereitos dos falantes galegos, que deben poder recibir a atención adecuada na súa lingua.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a súa intervención nunha sesión plenaria na que ademais se debate o Decreto Lei 21/2020, ou decreto da ?nova normalidade?, que rexe en España desde o termo do estado de alarma, en Madrid (Esp. Pool - Arquivo / Europa Press

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Daniel F. Noquerol

Como todo el mundo sabe un asunto de gran preocupación en la prevencion del COVID-19

1 Sentidiño

Pois que deixen a aplicación como está: en inglés.

2 Gamela

Sentidiño agora co Brexit deberamos replantearnos esa "estúpida" manía de falar inglés (?) http://gamela00.blogspot.com/2013/0... E por certo, xa estás suscrita ao GC ? Por 48 € ao ano deberamos pensar no temos e defendelo das hordas neoliberais que nos ameazan (?) Supoño...