Máis de 800.000 doses da vacina contra a gripe para a campaña que durará do 12 de outubro ata fin de ano

Haberá 900 puntos de vacinación, entre os que se atopan centros de Atención Primaria, residencias ou centros de menores e discapacitados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mércores que, nun contexto sanitario marcado pola pandemia do coronavirus, a Administración galega "redobra o seu esforzo" contra a gripe e contará con 865.832 dose de vacinas, unhas 200.000 máis que na campaña do ano pasado.

Feijóo explicou que a campaña empezará o próximo 12 de outubro e estenderase ata final de ano, cunha duración de 12 semanas.

Haberá 900 puntos de vacinación, entre os que se atopan centros de Atención Primaria, residencias ou centros de menores e discapacitados.

O obxectivo, segundo avanzou o presidente, é cubrir ao 75 por cento da poboación maior de 65 anos, ademais doutros colectivos de risco.

Vacina. Foto de arquivo.. O ALVI/FLICKR - Arquivo / Europa Press
Vacina. Foto de arquivo.. O ALVI/FLICKR - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta