Un paso adiante

Hai uns días, Carlos Vázquez Padín, escribía un artigo neste mesmo xornal no que nos sorprendía anunciando dúas novas importantes: A convocatoria do III Congreso do partido e a súa renuncia a presentarse de novo á reelección como Secretario Xeral.

Por Garcilaso de la Vega | A Coruña | 20/03/2013

Comparte esta noticia
A respeito da primeira das novas, pouco hai que engadir. Representa a normalidade dunha formación que segue viva e con máis gañas ca nuca de seguir a medrar e converterse nun referente en Galicia.
 
A segunda das novas é a máis sorprendente e a que nos deixou a todos, a min o primeiro, nun estado de abraio que tardamos días en abandoar. Porén, xa en frío, e tras pensar moito neste asunto, non deixa de ser unha proba máis de normalidade e, sobor de todo, da grandeza que sempre ten amosado Carlos en todos estes anos que levo tratándoo. Ninguén ten traballado máis por Converxencia 21, ninguén ten sacrificado máis da súa vida por este proxecto e, dende logo, non podemos esquecer que sen o seu concurso, acompañado de outra xente, hoxe en día non existiría Converxencia 21. E proba da súa grandeza é que, sen que ninguén llo pida, da un paso adiante abandoando a secretaría xeral do partido, no convencemente íntimo de que iso é o que cómpre neste intre para que o partido dea un paso adiante cara o seu futuro.
 
Mais a vida segue e alguén ten que dar un paso adiante para ocupar o baleiro que deixa Carlos. Un relevo, como ben di él, en clave de suma e no que o pasado e o futuro traballen xuntos como único vieiro axeitado para acadar metas que, aínda que se vexan moi lonxanas, son posibles. Así as cousas, tras moito reflexionar, e despois de ter falado con bastante xente, teño decidido presentar a miña candidatura á Secretaría Xeral de Converxencia 21 no vindeiro congreso. Unha candidatura na que haberá caras novas e vellas, todos con ganas de traballar  a reo para facer medrar un proxecto que cremos vital para o futuro de Galicia. Eu dende logo estou convencido. E estouno dende o mesmo intre no que me afiliei, xa hai anos, a un partido que dende postulados galeguistas tiña como alicerce principal a liberdade individual.
 
Dou este paso adiante sendo moi conscente do reto que teño por diante e sabendo que será moi difícil igualar o labor que Carlos ten feito durante estes anos. Mais os retos nunca me arredaron e, no caso de saír elexido, loitarei por facer medrar o proxecto de Converxencia 21. Un proxecto no que creo dende hai moitos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Últimas de Garcilaso de la Vega
Garcilaso de la Vega Nacín en Sarria (Lugo) no ano 1971. Son Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago. Teño traballado en distintos sectores, sempre no ámbito da empresa privada e en labouras relacionadas co mundo comercial, o que me levou a morar en distintas partes de Galicia. Na actualidade son executivo comercial e partillo o meu traballo co cargo de Secretario de Organización e Eventos en Converxencia XXI.