Falece por Covid unha muller nunha residencia de Culleredo

O número de mortos por coronavirus ascende a 635.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A morte dunha nonagenaria nunha residencia de maiores no municipio de Culleredo (A Coruña) eleva a 635 as persoas falecidas en Galicia con COVID-19.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Política Social, a persoa falecida na xornada do mércores nun centro residencial galego correspondeu a unha muller de 93 anos no centro Orpea en Culleredo.

Deste xeito, os falecidos con COVID en residencias en Galicia aumenta a 135, aos que se suman outros 144 en hospitais e residencias integradas, o que supón 279 das 635 mortes de persoas con COVID na Comunidade galega desde o inicio da pandemia.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta