Pontón esixe á Xunta que interveña as residencias privadas ante o avance da covid

Pide "blindar" os centros para "evitar que se repitan contaxios masivos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, enviou unha carta ao presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, na que lle transmite a súa preocupación pola evolución da pandemia e, tras defender que a loita contra o coronavirus debe estar "por encima das diferenzas políticas", urxe unha reunión de líderes para "abordar a situación epidemiolóxica" na Comunida e tomar decisións.

Da misiva informou tras a Xunta de Portavoces que se reuniu para ordenar o debate do pleno de investidura da semana próxima a viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, e a propia Pontón difundiu a carta en redes sociais. Nela, ademais de urxir este encontro de líderes, pon o foco en ata cinco medidas que deberían porse xa en marcha, segundo o BNG, e entre as que figura a intervención pública das residencias de maiores privadas. "Despois do vivido, resulta inadmisible que se repitan contaxios masivos como os rexistrados nas residencias do Incio e Culeredo", recolle.

"É urxente que a Xunta blinde as residencias de maiores privadas a través dunha intervención pública garantindo o cumprimento real e efectivo das medidas de prevención e as condicións laborais, residenciais e asistenciais que deben rexer nelas", incide, e engade que a Xunta ten que "actuar con anticipación".

O BNG tamén pide "transparencia" sobre o número de rastreadores -Rodil aludiu ao "baile de cifras" sobre os técnicos que asumen esta función--, e un plan de rastrexo e detección precoz, xa que ve "urxente" garantir o persoal necesario e suficiente" dedicado e "formado especificamente" para esta función.

A líder do BNG, Ana Pontón. Foto de arquivo.
A líder do BNG, Ana Pontón. Foto de arquivo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta