O New York Times carga contra a clase política por deixar "para a última semana" o debate de educación

Denuncia a "incompetencia" das administracións por construír un país "onde as discotecas son máis importantes que as escolas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O debate do regreso ás aulas no Estado español supera as fronteiras do mesmo e chega ó Estados Unidos. O prestixioso New York Times vén de publicar un artigo de opinión no que o xornalista David Jiménez carga contra a clase política por deixar "para a semana anterior á reapertura" a clarificación das condicións nas que esta debe ser desenvolta.

Fachada do New York Times
Fachada do New York Times | Fonte: Pikrepo

A denuncia fundamental do autor, orientada á clase política, é que os esforzos para xestionar a reapertura do Estado foran dedicados antes que nada ós sectores directamente relacionados co ocio. Neste aspecto, denuncia os "meses desaproveitados" e os "plans por facer" que derivarán nunha "falta de previsión" que ameaza con limitar a aprendizaxe do rapaces.

O resultado desta "incosistencia", apunta o autor, é que o Estado español "incumpre os requerimentos da OMS" para garantir unha reapertura "segura" das aulas. "O risco é que os estudantes, que o ano pasado obtiveron un aprobado xeral, reciben un segundo ano de ensinanza mediocre e incompleta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta