A hostalaría compostelá recorrerá o peche do lecer nocturno trala negativa do TSXG ós locais da Coruña

Denuncian o "ataques inxustificados" do goberno galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago denunciaron os "ataques inxustificados" da Xunta de Galicia ao sector e rexeitaron que se considere a esta rama económica como "a principal responsable do repunte dos brotes da COVID-19" na Comunidade galega.

Así o denunciaron nunha roda prensa celebrada este venres en Santiago de Compostela, na que informaron que ambas as entidades presentaron no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) un recurso contencioso-administrativo contra a orde publicada o pasado 15 de agosto pola Xunta que inclúe o peche do lecer nocturno.

Ambas as entidades, que toman a medida que tamén adoptaron as asociacións de hostaleiros de Pontevedra, A Coruña e Lugo, solicitan a suspensión inmediata de cuestións como o límite máximo de dez persoas por mesa, a redución horaria ás 1,00 horas e o peche dos locais de lecer nocturno (bares de copas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa e discotecas).

Rolda de prensa da Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago. ASOCIACIÓN HOSTALARÍA COMPOSTELA
Rolda de prensa da Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago. ASOCIACIÓN HOSTALARÍA COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

REAPERTURA DENEGADA

Esta mesma mañá o TSXG ratificou a denegación da medida cautelar solicitada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña en relación ás limitacións impostas pola Consellería de Sanidade o 7 de agosto para frear a evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na comarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta