Educación anuncia o seu protocolo adaptado e preparado "ao cento por cento" a próxima semana

Di que se "adiantou" a algunhas das novas medidas expostas polo Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, asegurou que o protocolo definitivo do Goberno galego para o curso académico estará "preparado" e ao "cento por cento" para principios da próxima semana, dado que o texto é "o máis exhaustivo" de todas as comunidades e requirirá matizar uns "puntos mínimos" para adaptarse ao acordo alcanzado este xoves entre os executivos autonómicos e o Estado.

Nunha entrevista coa Radio Galega, Pomar destacou o traballo desenvolvido pola comunidade galega, que se "adiantou" a algunhas das novas medidas expostas polo Goberno central, como a máscara obrigatoria para maiores de seis anos, e incidiu en que o curso empezará segundo o planeado a partir do 10 de setembro en infantil e primaria, salvo que as autoridades sanitarias digan o contrario.

Aínda quedan por definir algúns detalles e ultimar a xestión dos casos, para determinar conceptos como contacto estreito, próximo, como se realizará o peche de aulas e o momento no que se deben adoptar estas decisións.

En todo caso, para a titular de Educación, é "fundamental" recuperar a presencialidade, sobre todo para o alumnado de menor idade e tendo en conta a súa importancia a nivel "socioemocional". Neste sentido, apelou á "responsabilidade individual e social", posto que será clave para frear a expansión do virus.

No caso de presentar síntomas, as familias terán que porse en contacto co centro e remitir un xustificante, polo que estes casos non contarán como faltas. Este procedemento levará a cabo, tamén, nos casos de corentenas, e garantirase a conexión e a organización de tarefas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, na reunión do comité clínico. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, na reunión do comité clínico. XUNTA | Fonte: ANA VARELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta