O BNG denuncia a supresión dun autobús que operaba entre entre Vila de Cruces e A Coruña desde os 60

Denuncia que os concursos da Xunta acaban xerando unha "concentración empresarial brutal" entre unhas poucas firmas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O BNG denunciou un novo paso na deterioración dos servizos públicos e dos servizos de mobilidade nos municipios galegos. En concreto, a supresión da liña de autobús entre Vila de Cruces e A Coruña e que ao seu paso ofrece conectividade por diversos puntos, como Arzúa, Boimorto, Mesía, Abegondo, Carral, Cambre ou Culleredo.

'O Mesía' ofrecía un servizo vixente desde a década dos 60, "moi enraizado" entre a poboación ao atender unha necesidade nas diferentes parroquias e comarcas polas que transcorre o transporte. Os deputados Mercedes Queixas e Xosé Luís Rivas "Mini" reuníronse este venres na Cámara galega con diferentes representantes da formación dos municipios afectados, co fin de analizar a situación e estudar medidas a seguir.

O Bloque presentou unha iniciativa parlamentaria para tentar evitar que se materialice a supresión deste servizo de transporte e para que o Goberno galego realice unha aposta decidida tanto polo mantemento destas liñas como polo impulso a unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio ambiente, en contraposición á concentración empresarial e o vehículo persoal.

Xosé Luís Rivas censurou que as fórmulas polas que opta a Xunta na licitación dos lotes integrados, que integran tanto o escolar como o regulado, representan lotes "demasiado grandes" para as pequenas e medianas empresas, polo que acaba xerando unha "concentración empresarial brutal" entre unhas poucas firmas.

Todo iso provoca unha situación similar ao modelo seguido no caso das ambulancias: deterioración do servizo e das condicións laborais dos traballadores, insistiu, mentres se insiste en suprimir liñas e converter a Galicia "nun deserto" de mobilidade.

O BNG denuncia a supresión do autobús entre Vila de Cruces e A Coruña. BNG
O BNG denuncia a supresión do autobús entre Vila de Cruces e A Coruña. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta