Reforzo no control dos locais de hostalaría en Arteixo tras as novas restricións

Confirmou que suspende a feira prevista para este sábado no núcleo de Arteixo, mentres que lembra que as áreas recreativas de Seixedo e Os Barreiros seguen pechadas ata novo aviso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia



O Concello de Arteixo  reforzará o control nos locais de hostalaría tras as novas restricións anunciadas pola Xunta ante o aumento de casos por COVID-19, "actualmente 125 rexistrados", precisa o consistorio.

En concreto, confirmou que suspende a feira prevista para este sábado no núcleo de Arteixo, mentres que lembra que as áreas recreativas de Seixedo e Os Barreiros seguen pechadas ata novo aviso.

Por outra banda, a Policía Local reforzará os controis nos locais de hostalaría, "en especial no relacionado co cumprimento das novas normas".

Mentres, desde concellos como Bergondo confirmaron que na reunión con Sanidade preguntouse este venres polo protocolo de educación para a volta ás aulas.

En Carral, o goberno local confirmou que o luns se farán máis probas PCR, "dirixidas ao sector de alimentación e de restauración". En toda á área sanitaria da Coruña e Cee, o número de probas realizadas elévase a 1.328, segundo informaron fontes sanitarias. Tamén precisan que son 73 os pacientes ingresados, deles cinco en UCI.

Ambientes nunha terraza  M. Dylan - Europa Press
Ambientes nunha terraza M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta