Xa son 16 os afectados polo brote de Mariñamansa, oito no Carballiño e sete en Avión

Fontes da área sanitaria de Ourense indicaron que, co seguimento de contactos estreitos, detectáronse outro tres casos en Mariñamansa, que son os de dous homes de 66 e 55 anos e o dunha muller de 57.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O número de persoas contaxiadas no brote detectado no barrio ourensán de Mariñamansa elevouse a 16, mentres que o do Carballiño suma xa oito positivos e o de Avión sitúase en sete, de acordo cos datos actualizados este sábado.

Fontes da área sanitaria de Ourense indicaron que, co seguimento de contactos estreitos, detectáronse outro tres casos en Mariñamansa, que son os de dous homes de 66 e 55 anos e o dunha muller de 57. Todos se atopan illados e en seguimento domiciliario e segue activo o seguimento de contactos.

No brote do Carballiño, orixinado nunha reunión de amigos, confirmouse un novo positivo, o dun home de 68 anos, de modo que o total é de oito casos. Tamén este novo contaxiado está a pasar a enfermidade na súa casa.

No caso de Avión, onde hai un brote de carácter familiar, coñecéronse tres novos positivos, que son un home de 80 anos, unha muller de 82 e un menor. En total, son sete os afectados e atópanse todos no seu domicilio. Mantense o seguimento dos contactos.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta