Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2020 | Actualizada ás 14:12
O prazo para pedir as axudas para o novo programa de formación dixital para desempregados de longa duración de máis de 45 anos está aberto ata o próximo 7 de setembro, lembrou a Consellería de Economía, Emprego e Industria este domingo.
Nun comunicado, indicou que esta iniciativa responde os compromisos adquiridos dentro dos Acordos do Diálogo Social asinados en decembro entre a Xunta, a Confederación de Empresarios de Galicia e os sindicatos CC.OO. e UGT para pór en marcha un plan para favorecer a incorporación ao mercado laboral de persoas que, por idade, teñen máis dificultades para atopar traballo.
Cunha dotación de 500.000 euros, o programa ten como fin que se impartan cursos de formación de 70 horas de duración, distribuídas ao longo de tres semanas e con 10 alumnos por edición. As axudas diríxense a empresas con experiencia no ámbito da formación.
Os participantes selecciónanse a través do Portal de Emprego de Galicia e das oficinas de emprego. A Xunta prevé chegar a 17 empresas beneficiarias, que ofrecerían formación a 600 persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.