A campaña por un turismo seguro este verán contou coa participación de máis de 5.000 persoas

A campaña forma parte da batería de medidas do Goberno galego para promocionar Galicia como un destino seguro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2020 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

Máis de 5.300 persoas pasaron este verán polo espazo informativo móbil 'Galicia, destino seguro', unha das iniciativas da campaña da Xunta para promocionar as visitas seguras en 23 localidades galegas.

O percorrido deste espazo itinerante termina este domingo en Tui, explicou a Consellería de Cultura e Turismo nun comunicado, no que sinalou que se recibiron unha media de 215 visitas ao día.

Nesta unidade móbil deuse información a viaxeiros e a persoas da propia Comunidade sobre os recursos turísticos de Galicia. A iniciativa empezou en xullo en Santiago e desprazouse por algúns dos principais destinos turísticos, como Ferrol, A Coruña, Ribeira, Betanzos, Rianxo, Lugo, Monforte, Sarria, Viveiro, Ourense, O Carballiño, Pontevedra e Poio.

Nas últimas estivo na zona do Salnés e avanzou cara ao sur, ata municipios como Cangas, Vigo e Nigrán, antes das dúas últimas paradas: Baiona e Tui.

A campaña forma parte da batería de medidas do Goberno galego para promocionar Galicia como un destino seguro. En canto aos profesionais, as medidas pasan pola información, con materiais e recomendacións para a prevención dos contagios; a formación, con cursos gratuítos; o asesoramento e o financiamento para adaptarse aos novos requisitos de seguridade.

Unidade móbil para promocionar o turismo seguro. XUNTA
Unidade móbil para promocionar o turismo seguro. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta