Duas novas mortes suman xa 22 falecidos pola Covid en Galicia só este mes

Morreu un anciá vinculado á residencia do HULA.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

As vítimas mortais da pandemia do coronavirus en Galicia ascenden a 643 este luns tras falecer no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo un home de 90 anos e no Hospital de Cee unha muller de 89. Ambos presentaban patoloxías previas.

En concreto, segundo informan fontes sanitarias, o home que morreu diagnosticado de COVID-19 nas últimas horas era usuario da residencia do Incio, que tivo que ser intervida pola Xunta tras detectarse un brote que actualmente afecta a 89 anciáns e 27 traballadores.

En concreto, o home trátase da sétima vítima vinculada con este centro, tras a morte o domingo dunha muller de 93 anos que estaba tamén ingresada no HULA. Co incremento dos focos, os falecementos ligados á pandemia regresaron a Galicia. O dunha muller de 91 anos o pasado 7 de agosto en Ourense foi o primeiro deceso en Galicia desde o inicio da 'nova normalidade'. A este sumáronse outros 22 desde entón.

A comunidade encadeara ata ese momento case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen mortes relacionadas coa COVID-19.

Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta