A alcaldesa da Coruña esixe á Xunta "certezas" sobre a volta a clase e ve "xustificada" a folga de docentes

"Espero que o Goberno galego ofreza pronto indicacións de como será a volta ás aulas", asegura.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/08/2020 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, esixiu á Xunta "certezas" sobre a volta aos colexios, prevista para a semana que vén, e considera "totalmente xustificada" a folga de profesores. "Non só afecta os colexios, afecta á vida en xeral", criticou a rexedora en declaracións aos medios.

"As preocupacións do Concello son as de todas as familias neste momento de incerteza", reprochou Rei, que espera que o Goberno galego ofreza "pronto" indicacións de como será a volta ás aulas. "As familias teñen que ter seguridade para organizarse", reclamou.

Con respecto á folga convocada polos profesores, a alcaldesa considera que é "totalmente xustificada" e que o aumento no número de docentes é "absolutamente necesario" desde hai tempo. "A educación pública precisa de investimentos, non só en ladrillo, senón en persoal, para poder garantir unha educación pública de calidade", defendeu.

A rexedora demandou "certezas" á Xunta con "urxencia" e lembrou que "ten as competencias en educación". "É a que ten que garantir que o regreso ás aulas sexa dunha maneira segura para o persoal e para os propios alumnos e as súas familias", apuntou, botando en cara que "tiveron cinco meses para preparar un protocolo".

A alcaldesa, Inés Rey, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rey, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Riuriu

Se nota mucho que el sueldazo de la alcadesa de Coruña le permite tener chacha para cuidar de los niños aunque haya huelga de la CIG. Gente de izquierdas

1 Sentidiño

Os alcaldes do PP non cobran "sueldazos", entran en política por amor á humanidade, e non contratan empregadas porque hai inmigrantes dispostas a cobrar en negro. Estas non son persoas, nin mulleres, nin traballadoras: son "chachas".