O Concello da Coruña inicia un plan de limpeza anti-COVID cun valor de 256.000 euros

O desinfección será en zonas con moita densidade de poboación e onde se concentran locais de hostalaría. A rexedora expuxo que o plan de limpeza é unha "necesidade" porque o contrato está "en precario" dende hai máis de dous anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña puxo en marcha a primeira fase do plan de choque de limpeza de vías públicas que inclúe tamén a desinfección anti-COVID en zonas "con gran afluencia de xente". "Se baldeará en zonas públicas con solución desinfectante", explicou a alcaldesa, Inés Rey, na presentación da campaña.

Doce operarios e seis máquinas abordarán o plan de choque de limpeza que comezou esta mañá e que se estenderá ata o 6 de outubro cun custo de 256.000 euros.

"Aproveitamos este plan para labores de desinfección pola situación que estamos a vivir e pola volta aos colexios e en zonas onde se concentra maior número xente", engadiu a rexedora.

A primeira fase da campaña desenvolverase, concretou Rey, en barrios como Matogrande, Agra do Orzán e centro histórico, así como na zona centro. "Zonas con moita densidade de poboación e onde se concentran locais de hostalaría", engadiu, explicando que se mellorará a limpeza pero tamén "a imaxe e o espazo urbano".

A alcaldesa expuxo que o plan de limpeza é unha "necesidade perentoria" porque o contrato está, dixo, "en precario" desde hai máis de dous anos. Haberá, enumerou, baldeo de zonas públicas, desinfección de parques infantís e limpeza "intensiva" do mobiliario urbano.

A alcaldesa, Inés Rei, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
A alcaldesa, Inés Rei, con máscara no primeiro pleno presencial tras declararse o estado de alarma. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta