Prisión provisional sen fianza para os dous detidos en relación a unha narcolancha en Vilanova de Arousa

Segundo fontes, a hipótese máis probable e que a embarcación viñese de participar nunha descarga, mais arestora aínda non hai probas que corroboren as sospeitas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado Número 1 de Vilagarcía decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para as dúas persoas que foron detidas no porto de Vilanova de Arousa na madrugada do venres cando trataban de remolcar e levar a terra unha lancha semirrígida de 15 metros de eslora que non dispuña de matrícula nin de folio. Tras a toma de declaración, a xuíza acusoulles dun delito de contrabando.

Os dous apresados son L.M.U., veciño de Vilanova de 38 anos e propietario do todoterreo co que se tentaba remolcar a embarcación, e LJ.M.S., quen tentou fuxir a nado ao ser sorprendido pero que pouco despois foi detido pola Garda Civil xunto a unha batea.

A lancha semirrígida, similar á que se adoitan utilizar nas descargas de droga, estaba completamente baleira no momento da súa aprehensión.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

HIPÓTESE

Segundo indican a Europa Press fontes da investigación, a hipótese máis probable é que a embarcación viñese de participar nunha descarga e que os seus tripulantes se dispuxesen a devolvela a algunha nave onde permanecería almacenada a resgardo, momento no que foron sorprendidos.

No entanto, as mesmas fontes recoñecen que de momento se carece de probas que corroboren estas sospeitas, polo que a investigación continúa aberta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta