Baixa a construción en Galicia

As licenzas para construír novos edificios baixan un 11,18% en maio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A concesión de licenzas para a construción de novos edificios en Galicia baixou un 11,18% en maio, ata 151, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Sobre edificacións xa existentes as licenzas concedidas na comunidade autónoma en maio foron 132 para obras de rehabilitación e 20 para demolición.

Estes permisos permitirán construír 542 novas vivendas. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 48 e as vivendas a demoler serán 18. Así, a variación neta do parque de vivendas este mes foi positiva (572 novas vivendas).

Edificio en construción en Madrid (España), a 6 de xullo de 2020.. Marta Fernández Xara - Europa Press - Arquivo
Edificio en construción en Madrid (España), a 6 de xullo de 2020.. Marta Fernández Xara - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta