O PP reclama a reprobación de Abel Caballero pola "incautación" de fondos municipais

O PP dirixiu unha mensaxe á presidenta da Deputación de Pontevedra e tenente de alcalde no Concello de Vigo, Carmela Silva, solicitándolle publicamente que no Pleno "defenda os intereses dos municipios da provincia de Pontevedra ante este atraco a man armada que pretende incautar os aforros municipais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia