A Xunta di ter repartiro o protocolo de separación de asentos entre escolares e usuarios do bus compartido

Os escolares ocuparán as prazas de atrás cara adiante e, na medida do posible, sempre no mesmo asento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, avanzou que a Xunta trasladou ás empresas e aos sindicatos o protocolo de prevención fronte á COVID-19 no autobús compartido para dar "seguridade" aos usuarios antes do inicio do curso.

Coincidindo coa visita ás melloras acometidas na estación de autobuses de Noia (A Coruña), a conselleira explicou que, avalado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), redactouse un protocolo que será abordado nunha reunión coa patronal esta semana, segundo precisou.

A conselleira explicou que estas normas, ademais das medidas comúns, incorpora medidas específicas para o autobús compartido como a separación dos asentos dos escolares dos que empreguen o resto de usuarios, reservando as prazas dianteiras para as persoas maiores.

Tamén se introducen normas para o acceso e baixada de autobuses, sempre pola parte dianteira. Os escolares ocuparán as prazas de atrás cara adiante e, na medida do posible, sempre no mesmo asento.

Ethel Vázquez realizou estas manifestacións na visita ás obras na estación de autobuses de Noia, unhas melloras que supuxeron un investimento de máis de 270.000 euros. Estes traballos súmanse aos realizados en 2017 nesta mesma estación.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comproba as melloras na estación de autobuses de Noia. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comproba as melloras na estación de autobuses de Noia. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta