As entidades locais de Galicia recibirían 392 millóns de euros se prestasen os remanentes ao Estado

O Sindicato de Técnicos do Ministerio de Facenda propoñen un pacto de Estado para informar sobre o acordo alcanzado entre o Ministerio de Facenda e a FEMP.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

As entidades locais de Galicia recibirían 392 millóns de euros pola cesión dos remanentes, segundo un informe dos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha), quen insta aos partidos políticos a achegar posturas para financiar da forma máis eficaz o inxente gasto público que se require para apoiar a familias, empresas e sectores económicos tras a pandemia.

Cálculos efectuados en millóns de euros que inclúe ao conxunto de entidades locais dependentes suxeitas a orzamento limitativo en Galicia.
Cálculos efectuados en millóns de euros que inclúe ao conxunto de entidades locais dependentes suxeitas a orzamento limitativo en Galicia. | Fonte: Técnicos do Ministerio de Facenda, GESTHA, Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local e INE

Os técnicos de Facenda propoñen un pacto de Estado que se pode iniciar durante a comparecencia da Ministra María Jesús Montero para informar sobre o acordo alcanzado entre o Departamento que dirixe e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

As entidades cobrarían un interese positivo mínimo do 0,05% anual polo préstamo a 15 anos, e participarían do Fondo de 5.000 millóns. Polo outro lado, o Goberno de España financiaría a longo prazo unha parte das axudas públicas para a recuperación.

Dentro de Galicia, os municipios aos que máis diñeiro transferirían serían os da provincia da Coruña, seguidos polos de Pontevedra, Ourense e Lugo, tal e como se desprende dos cálculos efectuados por Gestha.

PROXECTO DE LEI

A semana pasada, os técnicos xa pediron que o Real Decreto Lei sobre o préstamo dos remanentes se validase no Congreso e se tramitase como proxecto de lei para que poida ser emendado nas Cortes Xerais, o que facilitaría o acordo necesario entre os distintos grupos do arco parlamentario para despolitizar o debate e centralo nas medidas esenciais contra os efectos da pandemia.

Os Técnicos de Facenda explican que a falta de dispoñibilidade dos remanentes pode afectar a determinados concellos para asegurar o pago a provedores dentro dos prazos legais, atender gastos urxentes non orzados, ou realizar investimentos financeiramente sostibles, por exemplo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta