Demandan que Inditex faga probas da COVID a "todo o persoal dunha tenda" cando rexistren un positivo

Para o persoal, é "importante" porque "suporía ir traballar cunha garantía e, sobre todo, coa tranquilidade de que non se pon en risco nin a saúde nin á clientela".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A CIG demanda que, ante a aparición dun caso positivo de covid-19 en calquera das tendas do grupo Inditex, a empresa faga probas PCR a todo o persoal "ou, polo menos, a todo o persoal da quenda co que compartiu espazo a persoa contaxiada durante o últimos catro días".

A presidenta do comité de Zara, Carmiña Naveiro, advirte de que "non se pode limitar o rastrexo ás persoas que tiveron o contacto máis directo, porque se comparten espazos comúns (baños, despachos de billetes, cociña ou zonas de descanso)" e engade que a transmisión do virus pódese dar a través das superficies "e non só polo aire".

A demanda da central nacionalista responde, segundo apunta nunha nota de prensa, a un recente caso de positivo nunha tenda de Lefties "onde Inditex se limitou a facer as probas a dúas das compañeiras directas da persoa afectada".

Segundo indica Naveiro, a compañía "cinguiuse ao que di o protocolo do Sergas", pero "un grupo como Inditex non pode escatimar para facerlle as probas ao seu persoal aínda que vaia máis aló do previsto por Sanidade".

Para o persoal, é "importante" porque "suporía ir traballar cunha garantía e, sobre todo, coa tranquilidade de que non se pon en risco nin a saúde nin á clientela".

Unha muller con máscara pasa xunto ao escaparate dunha tenda Zara. Europa Press
Unha muller con máscara pasa xunto ao escaparate dunha tenda Zara. Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta