Feijóo promete as "sete mellores residencias de Europa" coa axuda de Amancio Ortega

Tamén di que incrementará a teleasistencia no coidado dos maiores para evitar a Covid

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que próximos meses a Xunta presentará a Estratexia de atención á soidade non desexada e volverase a pór en marcha, "con todas as garantías sanitarias", o autobús de 'Coidados porta a porta'. Así, na primeira metade da lexislatura, prometeu que Galicia contará "con sete das mellores residencias de Europa": as proxectadas, co financiamento da Fundación Amancio Ortega, nas principais cidades de Galicia.

Amancio Ortega
Amancio Ortega | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

No seu discurso de investidura, e nun escenario no que as residencias se viron afectadas con intensidade pola pandemia, Feijóo tamén se fixou o reto de "perfeccionar" os mecanismos de resposta e avanzou que se aprobará un protocolo de atención entre estes centros e a rede sanitaria pública, centrado en mellorar o seguimento dos pacientes e avanzar na teleasistencia.

Tamén comprometeu un plan de formación permanente para os traballadores destes centros e reforzar a inspección. Así mesmo, a Xunta prevé deseñar unha nova normativa que regule as condicións de apertura e actividade das residencias de maiores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 miñoca

Entraronlle as presas a Amancio Ortega e ao Presidente. A xestión desastrosa que "sua" Fundación San Rosendo fixo (ou deixou de facer) na Residencia do Incio. Todo arranxado. O presidente promete que nos próximos dous anos Galicia contará con sete residencias,como non, das mellores de Europa .Descoñezo qué outro pais,rexión, nacionalidade ou península pode acadar semellante traballo. Teñen acordado con INDITEX onde se van situar?. Toda a tramitación das posibles esmolas(doazons)mais as propias de procedementos administrativos e de redacción de proxectos técnicos. Non hai tempo....... OUTRO GATILLAZO

1 Carlos gundin

Q fácil e Criticar e non aportar Máis maioría precisaba aínda Feijóo para q moitos calasen

2 Ailalelo

Carlos Gundín porque temos que calar?? Doado non é criticar, doado è si facee PROPAGANDA coma nas dictaduras e tratar de calar a xente,como facedes o Pp e os trolls pagados!! Non imos calar!! Lpgo de Feixoo o Pp á oposiciòn!! E Feixoo a perder en Madrid